jueves, 30 de abril de 2009

A GRIPE


Estanos atacando a gripe nova, a gripe dos porcos, un porco pillou a gripe, esta mutou e pasoulla a un humano e este ao resto de humanos, foi en Cancún, ou en México,... vas de lúa de mel e ves con gripe, tamén é mala sorte!. Primeiro foron as vacas tolas, despois a peste equina, logo a gripe aviar, agora outra volta da peste porcina, ou as tóxinas do marisco... é a rebelión da natureza? ou un ciclo de cambio no consumo e na venta de alimentos? AH! Quen o sabe? Temos sorte de estar onde estamos e vivir onde vivimos e de poder preocuparnos de se un virus afecta a un alimento ou a un animal que comemos, noutras partes da "bola" non se poden preocupar porque non teñen cocho pra comer, nen polo, nen vitela...

jueves, 5 de marzo de 2009

Cambios


Parece que as cousas cambian: os que mandan, veñen uns para substituir aos outros,... tamén o vento fai, este ano máis que outros, que as cousas muden de sitio,... tamén a min me tocará cambiar, ben seguro... Nun tempo de cambio todo troca de lugar, non se sabe se para mellor... o propio tempo falará.

Chega tamén un momento importante, este seguro que para ben, para Ardebullo. O día 21 de Marzo estrease na Flor de Montouto, famosa sala de festa do concello de Abegondo, o espectáculo: O BAILE DE ARDEBULLO. Que fusiona o humor das Cantareiras de Ardebullo coa mellor música das orquestras galegas de sempre, de cando a música se tocaba: Os Satélites, Os Trovadores, Os Españoles, Os Tamara, Pucho Boedo... xente que nós deixou un legado maravilloso. Cantas parellas non se fixeron neses bailes...

Xa sabedes chegou a hora do baile... é tempo de cambiar a zoca polo zapato!

lunes, 9 de febrero de 2009

Cambio climático

Perdoade o retraso, andiven algo perdido. Pero volto co temporal. O tempo está dificil: auga, vento, frío,... o inverno está a ser inverno a pesar do cambio climático. A sequía do ano pasado era debido a este cambio,... por iso debe de ser cambio: cada inverno ha ser distinto. Dicía un cativo: "Eu un día vín un cambio climático, chovía e saiu o sol". O tema ven sendo isto pero ao grande.
Tamén hai un cambio climático no tema da lingua. Agora os que fan as manifestacións son os que queren que se empregue o castelán (máis!!!), desde fai máis de 40 anos eran os que defendían o uso do galego os que saían á rúa para protestar. Esta xente que nos quere contar? Queren que voltemos ao de antes? Só en castelán? Vou parar que me encendo... imos pra adiante ou pra atrás? Como se poñén as cabezas!

O importante é que estamos aquí. Amigas e amigos, unha aperta!

jueves, 22 de enero de 2009

MÁIS FRIO!


Por fin un inverno. Xa hai tempo que non se vía un inverno con tanta neve, tanta auga, e tanta acumulación de vehículos detidos nas estradas. Pero Galicia caracterizábase pola auga e o frio, era habitual que nevara: O que non é habitual que na máis importante autoestrada de Galicia, a AP9, cada vez que caen unhas folerpas, ducias de coche teñen problemas. E aínda por riba agora que é dos americanos, tipos que van por diante en todo. Pois, digo eu, que se lles temos que pagar no peaxe eles terán que cumplir cunhas condicións polas que cobran.

Cando mexan por nós, decimos que chove... pero xa está empezando a nevar e a sarabiar!

martes, 20 de enero de 2009

Aí está outra vez o frío e a neve. En Ardebullo xa están funconando os remontes da nosa estación de esquí. Dín na telavisión que estamos en alerta vermella, por iso hoxe o mellor que podemos facer e arreconchegarnos ben á lareira e botar o día mirando para os debuxos que fai o lume.

Hoxe é un día importante, Obama comeza o choio de presidente do goberno dos EEUU, nunca tanta ilusión se creara pola chegada dun tipo de cor, se cadra só igualable á que esperta a chegada de Baltasar. Agardemos que o primero resposte ás expectativas xeradas. Agardemos.
Por outra banda, e como nova destacable do día, aconteceu que volveu actuar a banda que rouba despois das matanzas na zona de Lugo, desta vez en Sober. Como se está poñendo isto coa crise. Amigos, moito tino coa mafia do "Cocho Nostro", pódenos deixar sen Antroido!

lunes, 19 de enero de 2009

OLA XENTE!

Moi boas amigas e amigos! Aquí estou, empregando as novas tecnoloxías! Mimadriña! Non contaba eu con estar facendo isto, en la vida!
Perdoade que non me presentei: Son Ramón Regoufe, retirado, residente en Ardebullo e colaborador habitual de "O tren do serán", programa da Radio Galega.
Como estou probando o tinglado e este é o primeiro día non me vou estender. Un fuerte abrazo!