jueves, 5 de marzo de 2009

Cambios


Parece que as cousas cambian: os que mandan, veñen uns para substituir aos outros,... tamén o vento fai, este ano máis que outros, que as cousas muden de sitio,... tamén a min me tocará cambiar, ben seguro... Nun tempo de cambio todo troca de lugar, non se sabe se para mellor... o propio tempo falará.

Chega tamén un momento importante, este seguro que para ben, para Ardebullo. O día 21 de Marzo estrease na Flor de Montouto, famosa sala de festa do concello de Abegondo, o espectáculo: O BAILE DE ARDEBULLO. Que fusiona o humor das Cantareiras de Ardebullo coa mellor música das orquestras galegas de sempre, de cando a música se tocaba: Os Satélites, Os Trovadores, Os Españoles, Os Tamara, Pucho Boedo... xente que nós deixou un legado maravilloso. Cantas parellas non se fixeron neses bailes...

Xa sabedes chegou a hora do baile... é tempo de cambiar a zoca polo zapato!

No hay comentarios:

Publicar un comentario