jueves, 22 de enero de 2009

MÁIS FRIO!


Por fin un inverno. Xa hai tempo que non se vía un inverno con tanta neve, tanta auga, e tanta acumulación de vehículos detidos nas estradas. Pero Galicia caracterizábase pola auga e o frio, era habitual que nevara: O que non é habitual que na máis importante autoestrada de Galicia, a AP9, cada vez que caen unhas folerpas, ducias de coche teñen problemas. E aínda por riba agora que é dos americanos, tipos que van por diante en todo. Pois, digo eu, que se lles temos que pagar no peaxe eles terán que cumplir cunhas condicións polas que cobran.

Cando mexan por nós, decimos que chove... pero xa está empezando a nevar e a sarabiar!

martes, 20 de enero de 2009

Aí está outra vez o frío e a neve. En Ardebullo xa están funconando os remontes da nosa estación de esquí. Dín na telavisión que estamos en alerta vermella, por iso hoxe o mellor que podemos facer e arreconchegarnos ben á lareira e botar o día mirando para os debuxos que fai o lume.

Hoxe é un día importante, Obama comeza o choio de presidente do goberno dos EEUU, nunca tanta ilusión se creara pola chegada dun tipo de cor, se cadra só igualable á que esperta a chegada de Baltasar. Agardemos que o primero resposte ás expectativas xeradas. Agardemos.
Por outra banda, e como nova destacable do día, aconteceu que volveu actuar a banda que rouba despois das matanzas na zona de Lugo, desta vez en Sober. Como se está poñendo isto coa crise. Amigos, moito tino coa mafia do "Cocho Nostro", pódenos deixar sen Antroido!

lunes, 19 de enero de 2009

OLA XENTE!

Moi boas amigas e amigos! Aquí estou, empregando as novas tecnoloxías! Mimadriña! Non contaba eu con estar facendo isto, en la vida!
Perdoade que non me presentei: Son Ramón Regoufe, retirado, residente en Ardebullo e colaborador habitual de "O tren do serán", programa da Radio Galega.
Como estou probando o tinglado e este é o primeiro día non me vou estender. Un fuerte abrazo!