martes, 20 de enero de 2009

Aí está outra vez o frío e a neve. En Ardebullo xa están funconando os remontes da nosa estación de esquí. Dín na telavisión que estamos en alerta vermella, por iso hoxe o mellor que podemos facer e arreconchegarnos ben á lareira e botar o día mirando para os debuxos que fai o lume.

Hoxe é un día importante, Obama comeza o choio de presidente do goberno dos EEUU, nunca tanta ilusión se creara pola chegada dun tipo de cor, se cadra só igualable á que esperta a chegada de Baltasar. Agardemos que o primero resposte ás expectativas xeradas. Agardemos.
Por outra banda, e como nova destacable do día, aconteceu que volveu actuar a banda que rouba despois das matanzas na zona de Lugo, desta vez en Sober. Como se está poñendo isto coa crise. Amigos, moito tino coa mafia do "Cocho Nostro", pódenos deixar sen Antroido!

1 comentario:

  1. Eu son da provincia de Ourense, e gustaríame saber como chegar a vosa estación de esqui de Ardebullo, pois eiquí nunca vimos a neve.
    Tamén quixera saber canto custa o aluguer dos sacos-trineo.
    Saudos Ramón, dalle un saudo tamén o Antonio.

    Un fuerte abrazo!

    ResponderEliminar